Segundamanosmc.es
Segunda Mano Cromlech

CONTOS DE AGARDAR , 11 relatos de 11 autores Gallegos. En Gallego. Precio de los 11 relatos.

Imprimir
CONTOS DE AGARDAR , 11 relatos de 11 autores Gallegos.
En Gallego.
Precio de los 11 relatos.
11-CONTOS-DE-AGARDAR-11-RELATOS-DE-11-AUTORES-GALEGOS.jpg11-CONTOS-DE-AGARDAR-11-RELATOS-DE-11-AUTORES-GALEGOS.jpg
Descripción

CONTOS DE AGARDAR , 11 relatos de 11 autores Gallegos.
En Gallego.
Buen estado.
Precio 11 relatos. 
****
1.- O Cheque de Deus. Rosa Aneiros.

2.- Irene e a poli. Xavier Alcalá.

3.- Perseo x 2 = Perseo. Xosé Carlos Caneiro.

4.- Vagalumes na noite. Fina Casalderrey.

5.- En punta. Navia Franco.

6.- O Sinatra. Salvador García Bodaño.

7.- A ben dos demais. Luis Manuel García Mañá.

8.- A memoria de Foolthe. Carlos G. Reigosa.

9.- A fuxida de Manuel. Xosé Neira Vilas.

10.- Sempre en galego. Antón Riveiro Coello.

11.- Noites de Compostela. Helena Villar Janeiro.

************

Contos de agardar é unha colección de relatos de once autores e autoras galegos contemporáneos que pretende promover o uso do idioma galego nas relacións da cidadanía cos corpos de seguridade. Estes once libriños de vinte e catro páxinas serán distribuídos nas comisarías galegas coa intención de facer máis levadeira, a través da lectura, a espera dos cidadáns e cidadás na realización de trámites burocráticos (como a renovación do DNI ou a expedición do pasaporte) ou na presentación de denuncias. Promovida pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, da que é presidente Xoaquín Monteagudo Romero e secretario Xosé González Martínez, esta innovadora campaña de promoción lectora en galego poñerase en marcha con motivo das festas dos Anxos da Garda (o 2 de outubro, día da Policía) e do Pilar (o 12 de outubro, día da Garda Civil), efemérides profesionais nas que, por certo, este ano todos os xefes provinciais de policía de Galicia utilizarán, por vez primeira, o galego nos seus discursos dos actos institucionais.

Esta iniciativa de promoción da lectura -na que colaboran escritoras como Rosa Aneiros, Fina Casalderrey e Helena Villar Janeiro e escritores como Xosé Neira Vilas, Carlos G. Reigosa ou Xosé Neira Vilas, entre outros, e que tivo o seu precedente na edición en 2001 do volume "Contos da policía"- enmárcase dentro da campaña "En galego, con toda seguridade", iniciada por esta mesma asociación de funcionarios no pasado mes de abril, coa que pretende promover o uso cotiá da lingua galega (tanto por oral como por escrito) na actividade profesional dos axentes da Policía nacional, autonómica ou local e dos gardas civís, en calquera dos seus rangos e responsabilidades, sen mingua ningunha do respecto no tocante á lingua de comunicación elixida por cada cidadán. Un feito moi significativo para a promoción do galego con toda naturalidade e espontaneidade nun ámbito no que, se nos remitimos á historia, mesmo á máis recente (con algunhas honrosas excepcións, como a da Comisaría de Policía viguesa), o uso exclusivo do castelán era o comportamento adoito dos funcionarios policiais.

A Policía, ademais de garantir a seguridade cidadá e a legalidade, ten a responsabilidade nun estado dem...

https://www.farodevigo.es/opinion/2007/09/30/contos-agardar-18098773.html

Comentarios

Aún no hay comentarios para este producto.